Pedriñas





Era un cofre que a penas ocupaba máis espazo que a xema dun dedo. ¡Ben pequechiño!
Na parte superior estaba recuberto por una finísima capa de veludo escuro, labrada con debuxos dourados que representaban una enredadora.
Gardábao nun saquiño de cor verde escuro, pechado na parte superior por una cordiña que o ténsalo, ía pregando a tea nunha sucesión de dobreces.
Ás veces abríao e ficaba, mergullada, no seu interior.
Entón sentía un sopro de irrealidade.
A súa memoria impregnábase por una especie de melancolía. Os seus beizos sorrían.
E, sen poder evitalo experimentaba como por debaixo da súa pel, fluía una sensación de vertixe, de calor e de dozura.
Pasados uns intres regresaba a realidade.
O segredo:
Endexamais ninguén puido imaxinar que, de sempre, a forrou os soños, dende ben nena.
Foinos metendo, aos poucos, na caixiña, un a un.
Agora, cando os contemplaba, pensábaos como se fosen as pedriñas que sobresaen na auga dos ríos.
Ela brincaba nelas, sen que a auga da vida, a mollase.
Mi.

No hay comentarios.: