As caixiñas de Xonxa














Pernas fraquiñas, pes pequenos enriba dunha escada anana, preto da xanela, esperaba atenta.
Xa era noitiña.
Primeiro vía pasar o autobús, aos pouquiños a señora Maruxa e a señor Antón; dobrando a esquina aparecía, por arte de maxia, súa nai. Sen fallo.
Os Mércores viña moi cargada, cheíña de bolsas, e a pesar da espera poñíase moi leda. Sabía que o retrado era por ir buscar roupa para coser.
Con frecuencia, neses paquetes aparecía unha caixiña, as mais das veces de zapatos. Sempre, pegado ía un letreiro que, escrito con letra pequecha podíase ler:
“de Xonxa para ti”.
Con impaciencia quitáballe a tapa e, endexamais quedou defraudada.
O contido era unha marabilla, unha mesturanza de cousiñas:
Un libriño cativo, ao que faltábanlle follas, unha chapa dun refresco, chea de plastilina, unha pinza para o cabelo, dúas gomas de borrar xa meladas, unha pulseira escachizada, un chifre, dous caramelos,un xiz de cor, cromos, as veces xa pasados de moda…
Desa misturanza soia ser o contido.
Unha ilusión cada tardiña de espera.
E nunca conseguiu coñecer a Xonxa. Sempre sentiu por ela un "aquel" moi especial.

Antes de saír a traballar, os días que sabía que ía regresar tarde, buscaba con as escondidas unha caixiña xeitosa...
Mi

1 comentario:

elena P. dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.