Avelaíña nova















No xardín hai tres farolas.
Alumean durante a noite hasta o amañecer.
Na escuridade brilan con intensidade e, mentres os vagalumes debuxan puntiños sobre a herba, un grupo de
avelaíñas fan as súas danzas o seu redor.
Sómente bailan así durante a noite, nos días que vai calor.
Unha delas, moi noviña, andaba despistada, tanto que case se torra ao tropezar co vidro quente.
Pasou que, mentres duraba o luscofusco, veu, sobre as flores, unha bolboreta moi diferente a ela. ¡Tiña o seu finísimo po tinguido de cores! , iso facíala moi elegante, fermosa.
As súas compañeiras, e mais ela, eran ben escuras e pequenas.
Ignoraba que as trazas non poden elixir, (nin elas e ninguén). ¡Eche o que hai!.
Para ser bolboreta de cores hai que nacer xa tinguida.

Na escola no se aprenden estas cousas.

Mi.

1 comentario:

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.