O doce castiñeiro














“Os segredos de cadaquén, sómente a el pertencen”

Ala pola mañanciña unha cesta de vimbio, ben trenzado esperábame enriba da mesa de traballo.
Preto dela unha nota dicía: “ Un agasallo, de min para ti “.
Atopabase chea de ourizos de castañas ben maduros.
Abrín un deles, e a miña sorpresa foi grande xa que o froito quedou deseguido sen cascara, sen pel e brillaba.
Era transparente hasta deixar o seu corazón tenro a vista, cuberto dunha bágoa de sedoso
xarope doce.
Instintivamente leveina a os beizos. Pechei os ollos e gocei.
Neses intres un solpor percorreu o meu corpo e atopeime, por arte de maxia, nos eidos da árbore nai, cando era ben cativa.
Alguén que fixera xerminar un froito entre algodóns estaba a facer un buraco no chan,
pousou a castaña, coma quen deita un meniño no berce, tapouna con terra e botoulle unha pouca de auga.
Nunha tella escribiu:” castiñeiro medrando”, e preto do sementado, colocouna.
O luscoefusco, pintaba mil cores no ceo.
Aos poucos intres outra persoa, con andar quedo, chegou cun brote de cana de azucre,
nun tarro de cristal.
E repetiu cerimonia de facer o buraco e plantouna.Quedaron ambolosdous moi preto. A
noite chegou.
Sentiron frío e soedade.
Viñan de estar na casa, nela no sopraba o ar, nin a xeada os mollaba. O cambio era
grande.

Sen percatarse a súas cativas follas rozáronse e atoparon acougo,calor e complicidade.
Comunicárosen sen verbas.
Co paso do tempo non sei quen tomou de quen, sinxelamente misturáronse de tal forma
que perderon identidade propia para se converter en un. Un só, un todo.
Unha árbore forte e doce. O mellor de cada quen. Medraron.

Abrín os ollos, a cesta continuaba alí, enriba da mesa. E aos poucos agasallei a todas as
persoas que atopaba con un ourizo.
Desexaba que puideran vivir a maxia da complicidade, da axuda mutua.

Esa árbore existe, ben o sei.

Mi.

No hay comentarios.: