Phi 22






Penduraba da miña man, preto da xanela, brilaba, e deixa pasala luz polos

cristaliños a cores, era a pulseira que tanto lle gustaba.

Mirábame cos seus ollos cansos, traspasaban a miña alma.

¿Que fas aquí?, estou moi lonxe, ¿sábelo?

Mírote, arrólote e xa sei que atopámonos lonxe, moi lonxe, si.

Estirou o seu braciño aos poucos, como xogando a facerme cóxegas.

¿Posma?

E póusenlla. Gardou a súa man baixo as sabas. Man cativa.

Acocheime a súa veira, moi preto, a modiño.

¿Cóntasme un conto sen fin?

Agarda, que abro o cofre das historias bonitiñas, ese que ti sabes, o que está

cheíño de maxia, díxenlle mudando a voz.

Pechou os ollos, axeitou a cariña no meu peito e comecei o relato:

Nunha fraga moi, moi cativa, vive unha fada pequechiña, tan pequecha que

pode facer os seus sombreiros coas follas das margaridas.

A súa casa é un cogomelo con puntiños brancos, no tellado

vermello.

Moi despistada ela.


¿É o seu nome?, ¿como se chama?, preguntou moi pícara.

Pois…22, ¡ 22 Phi !

Os dous patiños, dixo ela, moi seria.

Si, por que é moi “patosa”.

¿E o phi?

O phi, o phi é… é a perfección, e tamén o apelido que tódolos nenos levan, ou

deberían levar, é un segredo.

Miroume cómplice.

¿Onde durme?, preguntou de novo

Pois 22…uhmmm, nunha cabaza furada, onde os paxaros deixan paliños,

como se fora un dos seus niños.


Sempre se esperta cantando, é moi alegre.


“ lelo, lelo, lelolelolelooo”.

Lavábase a cariña con auga que garda nunha cuncha de cadelucha.

No verán pasado foi a praia, aprendeu a nadar. Gústalle, agora vai practicar

na presa do muíño, se quenta o sol.

¿E vai á escola?

¡Claro!. No bosque hai moitas. A dela está preto dunha vella laranxeira.

Os nenos teñen carrandiolas de cores nas súas polas grosas. As veces voan moi alto,

tan alto, que…

Aluquei, e vina case durmir. A febre non a deixaba tranquila. Paseille unhas

pingas de agua polos seus beizos e mirei cara a súa nai. Ao ratiño marchei.



Penso, dóeme aínda ao pensar, co número phi trabucouse, e moito, con ela.

Moitas das súas preguntas quedaron sen responder.

Pequeniña!.

As veces recibimos agasallos inmensos, que no tempo son fugaces.


Mi.








No hay comentarios.: