A ponte voadora




Soamente saíra da súa aldea en catro ou cinco ocasións.

O seu mundo era reducido.

Voar preto das nubes era un sono dende cativa.

Imaxinaba que ala enriba, podería atrapar estrelas nas noites claras. Xogar

coa Lúa, as escondidas, nas pechadas. Mirar outros mundos durante o dia.

Agora os tempos mudaran, os anos pasaran, e as alturas, dábanlle medo.

O seu traballo era moi rutineiro. Pechar caixas e engadirlles etiquetas,

durante oito horas ao dia, deixáballe a mente e as mans cansas.

Gustáballe perdese coa imaxinación, e sen ela.

Fuxir da realidade.

Camiñar polos rededores da súa casa era uns dos seus pasatempos

preferidos. Outro sementar.

As veiras do rio Miudiño estaban unidas por diferentes pontes. Cadansúa

co seu aquel.

A preferida por ela era unha moi vella, que formaba parte dunha antiga

calzada romana ou Camiño Real. Construída preto do século XV. Con seus

tres arcos de medio punto. No centro un peto de ánimas. Moi chusquiño.

Nas mais das veces alguén poñía flores e velas nel.

Alí sentábase nuns dos petrís e miraba o rio. A súa mirada e o seu

pensamento viaxaban coa auga.

Unha desas notou que a ponte movíase, o tremor foi grande. ¡Despegábase do chan!.

Agarrouse con forza a cruz do peto e comezou o ascenso, coma se de unha

alfombra voadora tratarase.

Sentiu , nos primeiros instantes medo, sorpresa. Pero a medida

que pasaban os segundos, os minutos comezo a gozar.

A ponte parecía lixeira, voaba a ras da auga.

Subiron rio arriba. Na marxe esquerda puido ver a igrexa de Santa Mariña,

o cemiterio, a carballeira, o palco da música.

No outro lado, as viñas de Antón, que xa tiñan froito. O muíño.

Pronto comezaron a remontar o voo sobre o bosque, rozando as copas de algúns pinos.

Tal alto subiron que divisou toda a bisbarra, os pobos e incluso a cidade.

Ao chegar preto das nubes gustoulle atopar ao Sol inmenso . A súa

cor era laranxa.

A mar, tranquila. Moi azul.

O medio de transporte parouse. Entón puido sentarse no seu lugar favorito, no petríl.

¡Non o podía crer!.

Abanando as pernas, como se fose unha cativa, pensaba que, dende alí, as

persoas non se vían, sómente as podía imaxinar. E as pensou sendo ben iguales.

Preguntouse se a distancia, o coñecer outros mundos, o parase a pensar, axudaría a que


ninguén se síntese o embigo do mundo.

Quedou sen resposta.

Neses intres alguén tocoulle no brazo. Virouse.

¿Unha cabezadiña ao sol?.

É o que ten pechar os ollos, cando se está cansa.

Mi.

No hay comentarios.: