As palliñas dos amorodos








Sempre sentíase ben cando chegaba ao monte.
Percorrer as corredoiras, camiñar entre as árbores. Descubrir unha flor que
nunca vira. Os cogomelos, as brañas, os vellos castiñeiros…
Dende facía moitos, moitos anos era o seu pasatempo preferido.
¡Aínda que chova!, soía dicir.
Aquela tarde, de finais do inverno, non se atopaba con forzas para unha
camiñada grande. Seu paseo foi amodiño, por uns eidos xa coñecidos, preto da súa casa.
Neste andar deulle por remexer nos recordos de cando neno, seguramente fose a
paisaxe.
De cativo xogaba cos seus amigos nesta zona e con facilidade atopaban, no
verán, amorodos. Plantas, e plantas que arrecendían o ar.
Enxertábaas en palliñas para podelas comer pouquiño a pouco e transportalas sen
que se amagallasen. Gustábanlle ben maduras.
Repasou mentalmente os nomes dos colegas de andanzas .
Moitas aventuras por recordar. Descubriran parte do mundo, e deles mesmos, xuntos.
Cando naceran corrían tempos de cambio, os tempos sempre mudan.
Cambian nos avances tecnolóxicos, na medicina, a maneira de ver a vida, pero non
tanto o modo de sentir, de amar, de chorar ou de fuxir.
Medraron crendo ser o centro dende todo xira. Todo o sabían.
Confundíanse acotío.
Non tiñan nada claro, pero pensaban que eles eran ben diferentes.
Tempo de bulir, de liberdade sen límites. De quentarlle a orella a quen precisase, sen mais.
A semellanza das persoas é moita. E pensaban que non era así.
Lembrou que vamos e vimos. Que no camiño atopamos persoas, xentes e deixamos
parte de nos, nelas. Todos.
Aprendese de soidade.
Desexaría, por un tempo, voltar a busqueda do tesouro de cova da Moura, a facer carreiras coas “bicis” o xogar ao futbolín.
Tempos de ledicia.
Pensouno mellor. Os seguintes anos, ¡eses!
Outros eidos, outras xentes.
A xeración “Baby- boon”.
Querería voltar sen dúbida. ¡Meus mellores anos!
Nesas estaba, e sen percatarse, case os pisa.
Preto do seu pé dereito atopábase unha mata de morotes. Algúns froitos asomaban
verdes, un só moi maduro, ¿no inverno?. Si.
As veces a vida agasallanos con marabillas que sómente pensamos atopar noutros
tempos.
Pronto voltaría, con unhas palliñas, e as enchería de froitos ben doces.
Iso pensou.

Mi.

No hay comentarios.: