Fasgana Mil Asa










A fada Fasgana era moi presumida.


Acotío se peiteaba de diferentes maneiras

e mudaba as folliñas das súas roupas con frecuencia.

Quería ser artista pero, como aínda era cativa, moito quedáballe por


aprender.

O seu espello era unha pociña que facía o rio, nun recuncho feiticeiro.

Ensaiaba xestos, practicaba poses, e de cando en vez esvaraba e daba co cuiño

no chan.

Era moi alegre e divertida

Os dias de escola lle gustaba chegar cedo, pois dese xeito, tiña para ela soa

o dicionario da Fada Mestra. Buscaba as palabras, e trataba da

aprendelas.

Ao saír da escola bulía polo bosque tras as bolboretas. Miraba de preto a flores,

ao tempo que, dando chimpos, semellaba aos coelliños.

Nesas estaba cando sentiu ruídos estraños.

Uns homes e mais unas mulleres estaban a falar de algo como “atrapar

instantes”, levaban cousas raras nas mans.

¿Instantes?

Correu, voou a escola. Abriu o “libro gordo que todo o sabe”, pola letra I.

Co seu dediño buscou, buscou e atopou… instante, “porción moi breve de

tempo”.

A seguinte palabra, nas definicións, era, instantánea. Entre outras

cousas significaba foto, ¡FOTO!.

O seu corazón case deixoulle de bater. ¡Buscaban artistas, como ela!

Non sabía como podería facer, quería chamar a súa atención.

Tusía, cantaba, gritaba, facíalles cóxegas coas súas ás, pero ninguén

percibíase.

Sómente un milagre podía axudala. E pasou.

Alguén do grupo tiña un trabelo que aumentaba moito todo o que vía, e veuna.

Quedaron sorprendidos ambolosdous. Tomouna na palma da man e

presentouna a o resto do grupo.

Ela, moi leda, contoulles o seu sono. Sorprendeuse ao saber que eles amaban

a beleza, a natureza e querían atrapala en “instantáneas”.

Fasgana pasou a formar parte do grupo, un segredo que hoxe comparten todos.

Ela é a musa, eles os artistas, con moi alta sensibilidade, mil asa.


Mi.


No hay comentarios.: