Abanéanse con vento












Os froitos das árbores, cando son flores, abanéanse co vento.
Seu nacer
Nas mais das veces, nese baile, perden follas, e polo tanto, parte da súa beleza.
Pero seguen sendo o que son, van a cumprir a tarefa moi ben.
Medran ao Sol. Beben auga, cando está a chover...
Esperan sen presas, as visitas, os coqueteos… o fermoso ritual.

Seu crecer
Pasado o tempo, un pequeno froito asoma no seu corazón.
Así, xenerosamente, as flores pérdense para dar vida a esas pequenas peciñas que, agora, tócalles medrar.
Eles, os froitiños, pasan amodiño, a tomara súa cor, o seu tamaño, o xusto.
Coa paciencia, ben acompasada, da natureza.
E chegado o tempo, sen foguetes, están no seu punto.
Non antes, no momento xusto.

Seu madurar
Hainos, tamén, que estráganse polo camiño. Sempre, supoño, encontra da súa vontade.
Pero os que chegan a ser, son.
Sen mais.
Entón é cando, a árbore, cumpre o seu soño mais grande.
Ser unha árbore froiteira.
Espállase. Agasalla.

Case, case coma nos, as persoas.
As mais das veces medramos, pero sendo “ froito ” ben verde, doente para os nosos beizos.
Un anaco da nosa vida, ¿ou toda?
Nesa regueifa pasan os dias, os anos.
Como meniños sen colo, dando berro tras berro.

Mi.


No hay comentarios.: