As buganvíleas e a casiña.
















Preto dun regato, no medio de árbores moi vellas, atópase unha casa con muros, escanos e patín de pedra, ben cubertos de carriza.
O teito é de madeira de castiñeiro, e as tellas , son do país. As mais delas esganifadas.
No interior unha lareira afumada e unha pila.
Notase que hai tempo que ninguén fai vida nela.
Claro que isto no é de todo certo pois no seu muro, o que mira cara o sur-este, medra con forza unha especie de árbore curiosa.
O seu tronco está formado por outros mais miúdos, arbustos leñosos, que entre eles mistúrasen e confúndense hasta chegar a unas polas moi verdes, que no seu tramo final, mudan a cores diferentes, intensos. Para rematar o encanto, unas floriñas, cativas e brancas, amósanse pintureiras.
Comentan os veciños do lugar que nesa casa morou unha persoa que pasou parte da súa vida amando a natureza e as cores, facendo "tándem" con elas.
Pouco mais saben, era moi calada, din.
Imaxinan que alguén que chegara de eidos de lonxe, pode que de sudamerica, regaláralle aquelas matiñas, e que hoxe atopábanse a carón da casa dandolle cor.
O certo é que dende a distancia, pódese ver unha chea de alegría sobre as pedras escuras.
De preto, un decátase de que é un recuncho especial . Máxico.
Para quen sexa capaz de velo, de disfrutalo, convírtese nun eido misturado, onde poderíase tomar escola da casa velliña e das buganvíleas.
Mi.

1 comentario:

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.