O borrancho
















As veces as cousas nos buscan a nós, e non a inversa. Iso pensaba.
Sorprendíase acotío das cousas incribles que saíanlle ao paso.
Onte, pola tardiña, sentiu o impulso de achegarse hasta a veira do mar e xa polo camiño escoitou unha voz que dicía moi baixiño, “agora, agora ,xaaaaaaaaaaa…”
Viraba a cabeza cara a corredoira, buscaba na area , debaixo do peirao, trataba de atopar onde estaba quen falaba, pero non encontrou a ninguén.
Nestas chistáronlle, “chisssss, chiss..”, e mirou cara o ceo. Un garabato atopábase flotando no ar, prendido da lúa no cuarto minguante.
Abraiada escoitou unha historia sorprendente. O borrancho fuxira dun conto de nenos xogando ao tulé, agora non sabía voltar, tampouco quería. Sabía que a súa travesura chegaba ao seu fin pois a chuvia xa estaba a chegar e quería ver o mundo, a mar.
Os contos , son contos , dicíalle. Gracias pórme escoitar.
E chegou a auga, chuvia miuda e aos pouquiños veuno fuxir.
Sen decatarse o seu corazón chimpou ao tempo que estendía a man, como querendo atrapalo.

Paseaba a miúdo cos pés espidos.
As veces estragábase algunha deda, entón camiñaba a saltos.
Non lle importaba, sabía co camiñar ten esas cousas, e por iso non ía parar.
Mi.

No hay comentarios.: