As cabaciñas









O tío Xoán tiña unha horta o carón da súa casa. Nela, había moito tempo, os seus ancestrais, cultivaran diferentes hortalizas para levar a mesa da familia.
Agora, a terra estaba valeira.
A casualidade póusolle nas mans unha cabaza pequecha, que por toparse moi seca, as sementes, a facían soar como se fose un axóuxere.
E pensou en darlle traballo ao terreo.
¡ Velo aí vai!
Sementou as pipas da cabaciña, unha a unha. Fixo os buracos cos dedos, e tapounos ca terra, ao tempo que facía un “plas-plas”, ca palma da man.
Pasaron os días e comezaron a saír unas folliñas pegadas o chan, follas tenras e redondas, ben verdes. Mais tarde as flores.
Amarráronse ao muro pouco a pouco e fixeron da horta, un recuncho moi “calabaceiro”.
Coa axuda da auga e do Sol medraron.
Cabaciñas ben diferentes, de moitas cores e xeitos. Pequeniñas.
Os cativos e as persoas que achegábanse a casa do tío Xoán , vendo que eran tan pintureiras, pedíanlle unhas pouquiñas.
Uns adicábanse a facer cunquiñas para ter auga fresquiña, (xogaban a ser peregrinos cara a Santiago de Compostela).
Outros sómente as pousaban nas xanelas das súas casas, e copiando as siluetas, as debuxaban dándolles miles de vidas.
Antón, sabía que o seu avó estivera nas americas, e fíxolle un mate ao velliño, deixando unha cabaciña valeira. Deulle unha boa sorpresa.
Fonso preparou un peto, para meter as moediñas que dáballe a súa madriña.
E Ana, preparou un niño, por se cadraba e algún paxaro se trabucaba.
Cadanseu ao seu tema, cousas diferentes. Ben sinxelas.
Tanto que de novo, a señora Sefa,comezou a facer un doce, moi doce, que ela finamente, con acento estraño, chamáballe “cabello de angel”. Estaba moi bo.
Endexamais pensou o tío Xoán que ía agasallar a tanta xente co simple feito, de fundir o dedo na terra dos seus, e pór unha semente nun buraco.
Mi.

No hay comentarios.: