O faladoiro














Nun recuncho dunha cidade existe unha pedra chamada, dende hai moito, moito tempo,“o faladoiro”.

É unha laxe grande enriba dun penedo, que mira cara o mar. Na súa superficie ten debuxos que asemellan a serpes, xanelas pequechas e furacos.

Din que noutros tempos, as xentes, xuntábanse nela a falar .
Os temas non eran moi diferentes aos de hoxe en dia, o preferido, as vidas dos coñecidos. Sempre tiñan algo que estaban a facer, ou fixeran, moi malamente. ¡Mira ti!

Unha tarde atopábanse no "faladoiro" Mela, Uxía e Maruxa de Corredoira, pelando fabas, cando unha muller estranxeira achegouse onde elas. Saudou con un “boas tardes” e sentouse mirando ao mar.

Elas, nun principio calaron, pero pasado un anaco de tempo continuaron coas súas parrafadas e xuízos.
A muller xirouse, elas sorrian. Entón, de súpeto espetoulles, mirándoas fixamente:
“Marcho, leven vostedes boa tarde e, deséxolles tanto coñecemento persoal, como cren ter das xentes que pasean polas súas linguas”.

E quedou abraiada por non saber calar, por non poder controlar, a desagradable sensación, que producíanlle as persoas que sempre, ven a palla no ollo alleo.


¡Tan listiñas elas!

Mi.






No hay comentarios.: