Diferentes bágoas












Dende facía un tempo coleccionaba palíndromos e proverbios.

Tiña un caderno, de cor vermella, onde os ía apuntando. Ao tempo facía un garabato alusivo ao tema.
O derradeiro palíndromo, “anulalaluna”, o debuxo…unha eclipse do sol.
O proverbio: ”o xabón é para o corpo o que as bágoas para a alma”.
Cando comezou a facer o debuxo, para acompañalo, parou en seco. Pensou que non todas as bagoas son cuspidiñas.
Entón as clasificou do seguinte xeito: de dor, de ledicia, trampeiras e mentireiras. Todas elas ben salgadas, pero moi diferentes.
E fixo un debuxo, seguindo a lista.
Un volcán estoupando, rachando a terra, fluíndo das súas entrañas pedras moi, moi grandes, doentes.
Era a representación das bágoas da dor.
Para as de ledicia, esbozou unha cariña sorrindo, que convertíase nun ceo onde as estrelas bailaban.
As dúas últimas, as trampeiras e mentireiras, déronlle mais traballo, e por fin xurdiu a idea.
Trazou un punto negro, miserable. Tan cativo como as xentes que xogan coa dor allea.
Todas as bágoas teñen o mesmo sabor e son transparentes.

Confiaba en podelas distinguir. Non é sinxelo. ¡Sabíalo!.

Mi.

1 comentario:

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.