Un cabaleiro














Gustáballe falar.
Sempre, o tema favorito… a súa compañeira.
Coñecéranse nun hospital, en Meillon, ala polo 1949. Ambolosdous estaban moi enfermos.
Eran tempos ben difíciles, dicíame:
co paso por pola fabrica de armanento do komando HASAG, preto de Leipzig, e despois de coñecer Sarrebrük e Ravensbrük ela pesaba, sómente, vintesete quilos”…
Os anos deixaran atrás a barbarie.
Vivían unha casiña con horta, onde tódalas primaveras crecían unas matas de “muguet”,( lirio do val na nosa lingua ).
Sen esquecer, ano tras ano, mentras coincidimos, e no mes de Maio, agasallábame cun ramo das floreciñas.
Tiñan un arrecendo moi especial, delicado, elegante. Como el.
Contoume, entre outras moitas cousas, que a pranta era orixinaria de Oriente pero que en Francia, na Idade Media, xa se falaba dela.
Que dá felicidade,“porte bonheur”, a quen a recibe .Tamén que representa o renacimento da Natureza.
Sempre ao seu carón aprendíase.
Endexamais esquenceré os seus ollos o derradeiro dia que vímonos, non eran os de sempre.
Con unha interrogación no seu rostro despediuse. Observei como marchábase, a pasiños pequenos, encollido.
A súa enfermidade borráralle parte do seu tesouro mais doado, as lembranzas.
E neses intres intuín que, ía ser a última vez, cun cabaleiro agasallárame con "muguet".

Hoxe, de novo, cun un mes de retrado, chegoume o recendo das flores.

Mi.

1 comentario:

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.