O Cascarolo












O caracol Cascarolo
é un namorado, e
dende que chegou a leira pequena,
non pode deixar de miralo.
Sube polo seu corpiño,
moi, moi animado
quere chegar a bicarlle
o seu cabelo dourado.
Que mal se atopa o probe
¡síntese mareado!.
E pensa, con razoamento
que está moi esganifado.
Váiselle a cacholiña e pensa...
¿ non pode quedar parado?
E o xirasol sorrí
síntese agasallado,
e moi baixiño dícelle:
non séas tan apurado,
¡agarda uns intres “Casca”
a que o Sol estea deitado!
Mentres el brille no ceo,
tou tolo, ¡tolado!.

Mi.



1 comentario:

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.