Teñen as súas cousas...












¡Que riquiños!
"Teñen os seus quefaceres". A razón os acompaña.
Expresións que utilizamos, moitas veces, para referirnos as persoas que queremos, amamos, ou ... ou.
Sempre atopamos, xustificación.
Os seus desplantes, a súa ignorancia ou mal facer, sinxelamente é.
Defendemos acotío o indefendible; diante de nós mesmos, ou de quen sexa.
¡E alguén dos meus!.
Velaquí, a vara de medir grande.
A vara pequena queda para o resto de persoas.
Un caixón de sastre onde habitan ese tipo de xentes, as que reenchen ocos das nosas deficiencias .
A elas si, esíximoslles .
Sen pudor, sen remordemento.
A vara de medir as veces é tan cativa que, non deixa que saibamos descubrir que hai xente, xentiña e xentuza, en tódolos lados.

No medio dos nosos… tamén.
Mi, en silencio.

2 comentarios:

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.
Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.